Resultados de procura - Gellner, Ernest
Ernest Gellner

Ernest André Gellner, nado en París o 9 de decembro de 1925 e finado en Praga o 5 de novembro de 1995, foi un filósofo e antropólogo social checo nacionalizado británico.
Foi un importante teórico da sociedade moderna e das diferenzas que a distinguen das sociedades precursoras. A súa esfera de influencia é pouco común e abrangue os campos da Filosofía, Socioloxía, Ciencia Política, Historia e Antropoloxía social. O xornal británico ''The Independent'', na súa edición do 8 de novembro de 1995, referiuse a Gellner como "unha cruzada dun home polo racionalismo crítico, en defensa do universalismo do esclarecemento contra as mareas ascendentes do idealismo e relativismo".
Foi profesor de filosofía, lóxica e método científico na London School of Economics durante 35 anos. Ocupou despois a cátedra Willian Wyse de Antropoloxía social na Universidade de Cambridge por 10 anos e finalmente foi o líder fundador do centro para o estudo do nacionalismo, en Praga. Foi colega de Karl Popper na London School of Economics. Popper é, segundo Gellner, a súa maior influencia.
O sociólogo David Glass dixo unha vez que non sabía se a próxima revolución viría da dereita ou da esquerda, mais que tiña a certeza de que, viñese de onde viñese, a primeira persoa en ser abatida sería Ernest Gellner. Provided by Wikipedia