Resultados de procura - Champlain, Samuel de, 1567-1635

Samuel de Champlain

Retrato de Champlain por E. Ronjat. Século XIX miniatura|Retrato de Champlain por E. Ronjat. Século XIX Samuel de Champlain, nado en Brouage, Charente-Maritime, entre 1567 e 1580, e finado na rexión canadense do Quebec, o 25 de decembro de 1635, foi un navegante, cartógrafo, debuxante, militar, explorador, xeógrafo, etnógrafo, diplomático e cronista francés que fundou a cidade de Quebec o 3 de xullo de 1608 e está considerado o "pai da Nova Francia".

Nado nunha familia de mestres mariñeiros, Champlain, sendo aínda novo, participou na exploración de Norteamérica en 1603 baixo a dirección de François Gravé du Pont (1560 - ca. 1629) e ao servizo do gobernador de Dieppe, que tiña nese momento o monopolio para explotar a incipiente industria de peles en Nova Francia. No período 1604-1607, Champlain participou na exploración e colonización de Acadia (hoxe Nova Escocia) e logo, en 1608, estableceu a colonia francesa que agora é a cidade de Quebec. Champlain foi o primeiro europeo que explorou e describiu a rexión dos Grandes Lagos e publicou mapas das súas viaxes e as cousas que aprendeu dos indíxenas e dos franceses que vivían entre os nativos. Estableceu relacións coas tribos innu locais, e máis tarde con outros máis ao oeste, na rexión do río Ottawa, o lago Nipissing e a baía Georgian), e acordou brindarlles apoio nas súas guerras contra os iroqueses.

En 1620, Lois XIII de Francia encomendoulle a Champlain pór fin á exploración e regresar a Quebec e dedicarse á administración do país. Malia carecer do título formal, por non pertencer á nobreza, Samuel de Champlain serviu como gobernador de Nova Francia. Estableceu ligazóns comerciais froito das cales se enviaron mercadorías, principalmente pel, a Francia, e supervisou o crecemento de Nova Francia no val do río San Lourenzo ata a súa morte en 1635.

Champlain lémbrase como "Pai da Nova Francia" e na súa lembranza erguéronse moitos monumentos e bautizáronse numerosos lugares, rúas e infraestruturas no nordés de América do Norte. O máis notable deles é o lago Champlain, situado na fronteira entre os Estados Unidos e o Canadá. En 1609 dirixiu unha expedición augas arriba polo río Richelieu e explorou un lago longo e estreito situado entre as Montañas Verdes, no actual Vermont, e as Adirondack, no actual estado de Nova York. Déuselle o seu nome ao lago por ser o primeiro europeo en cartografalo e describilo. Provided by Wikipedia
  • Mostrando 1 - 2 Resultados de 2
Limitar resultados
  1. 1

    Premiers récits de voyages en Nouvelle-France, 1603-1619 / por Champlain, Samuel de, 1567-1635

    Publicado 2009
    Ligazón do recurso
    Licensed eBooks
  2. 2

    Premiers récits de voyages en Nouvelle-France, 1603-1619 / por Champlain, Samuel de, 1567-1635

    Publicado 2009
    Ligazón do recurso
    Licensed eBooks

Ferramentas de procura: